05:37 Domingo, 26 de Marzo de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

FRANCISCO CALO LOURIDO Perfil

Porto do Son, 1948

Francisco Calo Lourido


Doutor e Catedrático de Xeografía e Historia. Patrón do Museo do Pobo Galego, Correspondente da Real Academia Galega e membro, entre outras institucións, da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. Profesor invitado na Universidade do Porto. Participante en múltiples escavacións arqueolóxicas, dirixiu as do Castro de Baroña.

Desenvolve a súa actividade investigadora sobre todo nos eidos da arqueoloxía e da antropoloxía con máis de 150 publicacións, como, por citar só libros, A Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa (2 tomos); A Cultura Castrexa; Castro de Baroña; La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son; Xentes do Mar. Traballos, tradicións e costumes; Fainas do mar. Vida e trabalho no litoral norte; As artes de pesca. Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia ... Salseiros é a súa primeira obra como narrador.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal