00:02 Sabado, 16 de Novembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MARTIÑO SANTOS CANOSA Perfil

Corcubión, 1974

Martiño Santos Canosa


Desde novo participou en distintos movementos asociativos e na emisora local da súa vila natal Radio Neria, integrada en EMUGA (Emisoras Municipais Galegas). Foi representante estudantil dos Comités Abertos de Estudantes no Instituto de Cee, e membro dos CAF na Faculdade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago.

Foi Secretario Xeral de Galiza Nova entre os anos 1996 e 2000. Ingresou en Galiza Nova con 15 anos na Costa da Morte onde exerceu como Responsábel comarcal. Entre 1994 e 1996 foi Responsábel Nacional de Organización. Integrou a Comisión Permanente (actualmente Executiva Nacional) do BNG entre 1998 e 2001 e o seu Consello Nacional entre 1995 e 2001.

Na actualidade é o Responsábel Técnico de Organización do BNG e forma parte do Consello Local de Santiago de Compostela.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña