23:52 Venres, 14 de Decembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XAVIER CAMPOS LÓPEZ Perfil

Ribadeo, 1978

Xavier Campos López


É licenciado en Filoloxía Galega e posgrao en xestión cultural.

No campo das políticas culturais públicas, foi técnico de lingua e cultura do Concello de Ribadeo (2003-2006) e xefe de gabinete do IGAEM / AGADIC (2006-2009). A súa labor na Consellaría de Cultura desenvolveuse fundamentalmente nos ámbitos da música e as artes escénicas (Galician Tunes, Rede Galega de Música ao Vivo, Plan Galego das Artes Escénicas), a formación dos xestores culturais (Vía Cultura), a internacionalización da cultura galega (Mar por Medio, The Galician Way) e o deseño de políticas e iniciativas cara as industrias culturais (AGADIC, Cultur.gal).

No ámbito asociativo impulsou a revitalización da A.C.Francisco Lanza de Ribadeo e a creación da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Actualmente é membro da Xunta Directiva desta última e desenvolve a súa labor profesional desde o ámbito cultural privado.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal