Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Mestre en excedencia e Profesor de Ensino Secundario, exerce na actualidade como profesor de Xeografía e Historia no IES Ramón Cabanillas de Cambados.
Foi Secretario de zona de Vigo e membro da Dirección Nacional de ERGA ademais de representante dos CAF no Claustro da USC e na Xunta da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Membro fundador de Galiza Nova.
Responsábel Comarcal do BNG do Salnés do 1998 ao 2009, integrando neste momento o Consello Comarcal.
Foi membro da Executiva Federal da CIG-ENSINO, sendo neste momento delegado sindical da mesma organización.
Ten participado en representación do nacionalismo galego en diversos congresos, encontros e seminarios internacionais en países de Europa e América Latina.
É Secretario de Relacións Internacionais da UPG.
Coautor dos libros "ERGA. Un lume que prendeu" (1997), "Galiza/Poboación e Industria" (2006) e “O Estudantado sae á rúa”(2013).
Colabora en diversos medios dixitais con artigos, fundamentalmente referidos a cuestións internacionais.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.