08:20 Martes, 26 de Maio de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

EDUARDO GARCÍA PARADA Perfil

A Coruña, 1966


Estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela e é Doutor en Física pola Universidade de Vigo (1995), título da Tese: Fotoprocesamento ultravioleta de capas finas amorfas de óxido de silicio e pola que lle concederon o Premio Extraordinario de Doutoramento.

Membro da Aula Castelao de Filosofía desde 1995, participando activamente na organización anual da "Semana Galega de Filosofía" até o ano 2010. Foi membro fundador e coordinador de Nais e Pais polo Ensino en Galego. De 2000 a 2002 foi Vicepresidente e membro da Comisión Permanente d’A Mesa pola Normalización Lingüística.

Ten participado en varios proxectos de investigación científica e didáctica, sendo os últimos, dentro do programa DIVERCIENCIA, os proxectos de divulgación científica "Ciencia con Todos" e "A Ciencia Conta".

Actividade profesional:

Profesor e Investigador do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo desde 1990 a 1997

Profesor de Ensinanza Secundaria, especialidade Física e Química, desde 1997, actualmente no IES Politécnico de Vigo

De 2000 a 2004 foi Director do IES Pazo da Mercé d’As Neves

Actualmente tamén é profesor no Mestrado para o Profesorado de Educación Secundaria da Universidade de Vigo e Profesor Asociado nas Escolas de Enxeñaría Industrial e de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo.

Publicacións:


Ten publicado diversos artigos en revistas internacionais relacionados coa súa investigación e a súa tese de doutoramento entre os anos 1990 e 1997 no campo do procesamento de materiais con láser e fontes de luz, novos materiais e aplicacións dos láseres.

No eido da divulgación científica e didáctica das ciencias, ten publicado un libro (Eis os láseres, Laiovento 1998) e artigos divulgativos sobre os láseres, e tamén artigos con propostas didácticas no ensino da física e da divulgación científica. É editor dos libros Cienciaqueconta de relatos curtos de ciencia desde o seu inicio en 2008. 

Tamén ten publicadas algunhas reflexións arredor do papel da ciencia e da tecnoloxía na nosa sociedade.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña