17:53 Domingo, 08 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XABIER BRUÑA GARCÍA Perfil

Xabier Bruña García


É enxeñeiro técnico forestal, enxeñeiro técnico agrícola, enxeñeiro de montes e diplomado en Educación Social. Conta co Diploma de Estudos Avanzados (DEA) da USC e co diploma directivo da Xunta de Galicia (EGAP). Na actualidade está desenvolvendo a súa tese de doutoramento no IDEGA-USC centrada no ámbito da participación pública na planificación forestal.

Comezou a traballar profesionalmente no ano 1997, desenvolvendo distintos postos e tarefas vinculadas ao mundo rural en empresa privadas (Nortagro, grupo Losán, Sitey, Tragsa), incorporándose como funcionario da Xunta de Galicia no ano 2003. Dentro da administración desempeñou distintos postos: técnico de apoio no parque natural de O Invernadeiro, técnico de apoio de verán na comarca de Viana e no distrito Verín-Viana, xefe do servizo de montes e industrias forestais de Lugo, xefe de sección de caza e pesca de Lugo (posto que desempeña na actualidade).

Destacar o seu traballo como xefe de montes Lugo co goberno bipartito (2006-2009), no que impulsou proxectos innovadores e de gran implicación social como foron: Foresgal, as UXFOR, as avinzas de deslinde dos MVMC, diversos proxectos de valorización, plan forestal do distrito VII Fonsagrada-Ancares (con participación pública), voluntariado do monte e das agrupacións veciñais de vixilancia, proxectos de I+D+i coa USC e o CIS-Madeira, I Asamblea de CMVMC de Lugo, I Asamblea Técnico Forestal, semana forestal, día da árbore e diversas xornadas (propiedade forestal, micoloxía, madeira, MVMC).

No ámbito político, desempeñou a súa actividade fundamentalmente no movemento asociativo estando vinculado aos CAF, Estudantes Solidarios, Corneta Obxecta, Leira, Asociación Xuvenil Xabi-Xabato, Cruz Vermella Xuventude. Na actualidade participa na directiva de Adega e de A Cova da Terra.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña