10:52 Xoves, 29 de Xuño de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

ROBERT NEAL BAXTER Perfil

Shrewsbury (R.U.), 1966

Robert Neal Baxter


Licenciado en Lingüística e Francés pola Universidade de York (R.U.) traballou durante varios anos nas escolas en lingua bretoa, Diwan. Instalouse definitivamente na Galiza en 1993, exercendo como profesor de interpretación simultánea e consecutiva (galego-inglés) na Universidade de Vigo desde 1995, doutorándose en Tradución pola mesma Universidade en 2003. Ten varios artigos publicados sobre a tradución e a normalización das linguas minorizadas (sobre todo o galego e o bretón) e sobre tradución e xénero/sexualidade. Milita no BNG case desde a súa chegada á Galiza e é membro do Secretaría de Relacións Internacionais da UPG. Ficou encargado de xeito oficial da corrección lingüística do Terra e Tempo a partir do número 11 de maio 1999.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal