11:33 Martes, 24 de Outubro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MARGARIDA CORRAL SÁNCHEZ Perfil

Pontedeume, 1976

Margarida Corral Sánchez


Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña.

Foi Concelleira da Muller, Servizos Sociais e Sanidade polo BNG en Mugardos na lexislatura 2003-2007, período no que foi Responsábel do BNG da localidade, membro da Executiva Comarcal do BNG de Ferrolterra e membro do Consello Nacional do BNG.

Traballou como preparadora laboral en FADEMGA.

Desde o ano 2005 traballa como técnica de igualdade na Confederación Intersindical Galega, ocupando actualmente o cargo de Secretaria Confederal da Muller e da Mocidade na CIG.

Ten publicado os seguintes traballos:

- Guía práctica para a elaboración, implementación e avaliación dun PLAN DE IGUALDADE nunha empresa. CIG. Deputación da Coruña. Xullo 2007
- Guía formar en igualdade forGA. Novembro de 2007
- Guía dos dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero. Confederación Intersindical Galega. Servizo Galego de Igualdade da Xunta de Galiza. Novembro de 2007
- A aplicación da lei orgánica de igualdade no ámbito laboral. Confederación Intersindical Galega. Marzo de 2007
- Guía da linguaxe non sexista. Confederación Intersindical Galega Marzo de 2006
- I Plan de Acción Sindical para a igualdade de mulleres e homes 2005-2009. Confederación Intersindical Galega. Decembro de 2005.


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal