20:19 Xoves, 09 de Xullo de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

RAMÓN REGUEIRA VARELA Perfil

Melide, 1943

Ramón Regueira Varela


Profesor e filósofo galego.Licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e Filosofía pola Universidade de Salamanca (1967). Catedrático de Filosofía de Ensinanzas Medias.

Foi profesor de Filosofía no Instituto Feminino de Lugo e despois en Pontevedra. Fundou varios grupos de reflexión crítica: un grupo de filósofos que fixeron filosofía en galego, Grupo de Lugo (1976). Cooperou co grupo Escola Aberta (1978). Foi fundador e primeiro presidente da Aula Castelao de Filosofía (1982) e do grupo Soán (1990). Autor de “Xoán Vicente Viqueira: Teoría e praxe”, 1992 e “Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración”, 2002.

Obras colectivas: Introducción á filosofía, 1979. Historia da Filosofía, 1980. Antón Losada: Teoría e praxe, 1984. O pensamento galego na Historia. Aproximación crítica, 1989. Filosofía e compromiso, 2004. Crisis de la modernidad y filosofías ibéricas, 2013.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña