19:29 Mércores, 26 de Abril de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MANUEL CABADA CASTRO Perfil

Sabucedo, A Estrada. 1935

Manuel Cabada Castro


Tras estudar na Guarda, Carrión de los Condes, Palencia e Salamanca, licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruck e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese sobre o filósofo e pedagogo Gustav Siewerth dirixida polo seu mestre o teólogo Karl Rahner), e Complutense de Madrid. Foi profesor de Metafísica-Teodicea na Universidade Pontificia de Comillas desde o curso 1969-1970 e de Antropoloxía Filosófica (desde o curso 1978-1979) na Universidade Complutense de Madrid ata a súa xubilación en 2005. Colaborou en Encrucillada, Grial e na revista filosófica Pensamiento, da que foi secretario de redacción.

As obras publicadas deste autor abranguen desde a teoloxía e filosofía até a antropoloxía e a literatura, cunha sensibilidade especial cara a cultura e lingua galega. Subliñamos as seguintes:

A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición, 1992. Paixón poética e militancia galeguista. Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936), 2001, Edicións do Castro. O Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista, 2013, SEPT. Como editor: Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos. Publicou tamén os seguintes ensaios filosóficos en castelán: El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach, 1975. Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas, 1980.

Querer o no querer vivir. El debate entre Schopenhauer, Feuerbach, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana, 1994. La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad, 1994. Recuperar la infinitud. En torno al debate histórico-filosófico sobre la limitación o ilimitación de la realidad, 2008. El animal infinito. Una visión antropológica y filosófica del comportamiento religioso, 2009. Facendo especial mención ao recente traballo “Crónica de un encuentro-desencuentro cultural: Análisis antropológico de las misiones populares jesuíticas en Galicia”. E en alemán: Sein und Gott bei Gustav Siewerth, 1971. Galicia. Raíces e compromiso (Vigo, Ir Indo, 2015)

Sobre o autor publicouse o libro: Ser querido y querer. Ensayos en homenaje a Manuel Cabada Castro, 2007, Salamanca, Editorial San Esteban.


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal