Activista político e social xa que dende o ano 2005 participo en diversas organizacións políticas e sociais de Vigo. Nese ano e con 17 anos comezo a militancia no movemento estudantil nacionalista dentro dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) (organización maioritaria no ensino medio na Galiza hoxe integrada nos Comités), da que fun Secretario Xeral até a unificación dos CAE e Comités Abertos de Facultade (CAF) e a constitución dos Comités.
No ano 2006 entro a formar parte de Galiza Nova e do Bloque Nacionalista Galego. En ambas organizacións asumín diferentes responsabilidades durante todos estes anos.
En 2010, enceto a participación no movemento veciñal na AAVV de Lavadores e actualmente participo na Asociación Veciñal Teis e na C.I.G.
De 2015 a 2018 fun eleito Secretario Xeral da UMG no XVI Congreso.
Son Técnico en Animación Sociocultural e actualmente traballo como Técnico de Proxectos na Fundación Moncho Reboiras.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.