Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, pero non demoraría en entrar no mundo sindical. A súa forte vinculación co mundo sindical comezou en 1978, como un dos membros fundadores da Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG). Militou nesta organización até 1994, cando o sindicato se fusionou coa Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN), dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG), episodio que se considera como a superación da ruptura que se produciu en 1985 no sindicalismo nacionalista [2].
Actualmente é o secretario xeral da CIG, cargo que ostenta desde o ano 2001 e revalidado en 2005 e 2009
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.