17:11 Domingo, 08 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

DOMENICO LOSURDO Perfil

Sannicandro di Bari, 1941

Domenico Losurdo


Filósofo, historiador e politólogo marxista italiano. Doutor en Filosofía pola Universidade de Urbino, é decano da Facultade de Educación da mesma universidade. É autor de numerosos ensaios, nos que ten criticado o concepto de totalitarismo, procurándolle unhas orixes na teoloxía cristiá.

Ademais, asegura que a xénese do fascismo e do nazismo sitúase nas políticas imperialistas e colonialistas de Occidente, que foron as responsables das primeiras actividades xenocidas e de control político. O seu principal ámbito de investigación refírese á reconstrución da historia da filosofía política clásica alemá, imprimíndolle un cariz marcadamente crítico e con especial énfase en Hegel, Kant, Nietzsche e Heidegger.

As súas dúas úlitmas obras representan unha nova óptica no abordamento de dúas figuras clave do século XX. En Stalin. Storia e critica de una leggenda nera, reconsidera a figura de Stalin dende unha aproximación profundamente reflexiva, distanciándose das biografías demonizadoras do líder soviético. Pola súa banda, en La non-violenza. Una storia fuori dal mito, tamén se afasta das posicións, neste caso laudatorias, que a maioría das biografías toman na análise do líder indio Gandhi.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña