11:14 Mércores, 22 de Maio de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

MANUEL REI ROMEU Perfil

A Estrada, 1964

Manuel Rei Romeu


Militante nacionalista desde os dezasete anos. Formando parte de ERGA, participou no movemento estudantil dos anos oitenta que contribuíu a democratizar e transformar a Universidade galega. Cursou estudos de Filoloxía Galego-portuguesa na USC.          

Nos últimos cursos universitarios fica patente o seu interese pola crítica literaria galega, con aproximacións a figuras relevantes como Curros, Cabanillas, Celso Emilio, Castelao. Froito dun especial interese polo significado desta figura, en 1991 publica Arte e verdade (a obra literaria de D. Castelao), aínda durante tempo a única monografía sobre o conxunto da súa obra literaria. A partir deste momento, desenvolve un intenso labor de divulgación desta figura clave do nacionalismo actual, acrecentado con publicacións que perseguen ese mesmo cometido: Castelao e Sempre en Galiza (1996); Alfonso Daniel Castelao (1999); Castelao: desta terra, deste tempo (2000); e Volver a Castelao (2011).      

Colaborou na realización de varios estudos monográficos sobre literatura galega.      
Como concelleiro do BNG, participou no cogoberno do Concello de Pontedeume, sendo o primeiro tenente de alcalde  nos mandatos de 1999 e  de 2007. Entre 2007 e 2011 foi Portavoz do BNG na oposición.


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña