É Licenciado e Doutor en Filoloxia Románica e Catedrático de Literatura española en Instituto. É autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos desde unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise socio-lingüística coa publicación de "Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza" (1976 - vai pola 4ª edición). Especialista en figuras de grande releváncia como Rosalía de Castro (tese de doutoramento, xaneiro 1988), Curros Enríquez (1973), Blanco Amor (1993) Neste ámbito realizou diversas publicacións- e o manual "Literatura galega, problemas de método e interpretación".
Militante do nacionalismo desde que tiña 19 anos. Desde entón, loitou contra o franquismo desde a perspectiva nacionalista, por iso sofreu desterro, foi multado en numerosas ocasións e padeceu o cárcere pola súa militáncia, por defender os direitos de Galiza e os direitos dos traballadores do país.
Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como a INTG e o BNG. Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 1996 até o 2008.
Foi Secretario Xeral da Unión do Povo Galego até xuño do 2012.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.