08:49 Martes, 21 de Maio de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

SANTIAGO JIMÉNEZ Perfil

Santiago Jiménez


O profesor Santiago Jiménez é Doutor en Historia e profesor titular na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela na que actualmente imparte as ensinanzas da materia de Historiografía Xeral. Vencellado no seu labor ao Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" e ao Novo Seminario de Estudos Galegos no que exerceu o labor de Secretario na súa Comisión Xestora.

Dende os anos noventa do século XX ven traballando en tarefas tanto solidarias e de defensa dos dereitos humáns como no estudo e na análise da sociedade do Sáhara Occidental, dos caracteres da cultura bidani e no ámbito político do Magreb e as súas relacións co conxunto do mundo islámico.

Na actualidade coordina, máis alá das suas tarefas propiamente académicas, o Observatorio Galego para o Sáhara Occidental na Universidade compostelana e forma parte da Comisión Permanente da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Pobo Saharaui  (CEAS-Sáhara) na que se ocupa da Secretaría e de responsabilidades a nivel organizativo e de relación cos medios de comunicación. 

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña