19:03 Venres, 17 de Agosto de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XOÁN BAUTISTA MARIÑO ABUÍN Perfil

Dodro, 1968


Logo da bolsa ERASMUS na Haute Bretagne Rennes 2, obtén a licenciatura en Filoloxía Francesa pola USC en onde desenvolve unha intensa actividade teatral como afeccionado iniciada xa desde o Instituto Xelmírez II con múltiples representacións tanto dentro de Galiza coma fóra.

Membro activo de diversas asociacións, destaca a entrega á súa parroquia de San Xoán Bautista de Laíño onde participa, entre outras, na 1ª Coral Polifónica do Concello de Dodro e como coordinador do equipo de Investigación e Inventario do Patrimonio Veciñal.

Fundador, tesoureiro e redactor da Asociación Cultural Galicia Viva, promotora da “Tertulia Rianxeira” e dunha das primeiras revistas dixitais integramente en galego. Tamén ten publicacións en A Nosa Terra e colaboracións xornalísticas en La Voz de Galicia na década dos 90.

Milita no nacionalismo desde 1999. Foi concelleiro do BNG en Rianxo no período 2003–2007 e, na actualidade, é o voceiro municipal do BNG de Dodro.
A súa vida profesional está vinculada desde hai máis de dúas décadas ao ensino como profesor de francés de instituto.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal