17:56 Xoves, 21 de Setembro de 2017
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XABIER PÉREZ IGREXAS Perfil

Vigo, 1984

Xabier Pérez Igrexas


Activista político e social. Participa de diferentes movementos sociais desde 1998, principiando polo movemento veciñal da súa cidade. Nel foi Secretario da Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" de Vigo. 

Exerceu como Secretario Xeral dos Comités Abertos de Estudantes (organización hoxe integrada nos Comités) e fixo parte da Dirección Nacional de Galiza Nova. Na actualidade é Responsábel de Acción Social da Executiva Local do BNG de Vigo, e coordinador da Comisión Comarcal de Sectores

Produtivos (economía, traballo, pesca e medio rural).
Milita no sindicalismo nacionalista e de clase. É membro da Dirección Comarcal da CIG en Vigo, e máis da Executiva Comarcal e Consello Nacional da súa Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing. Fixo parte da equipa técnica da Fundación Moncho Reboiras (FESGA) coa que continúa a colaborar.

Está implicado co grupo de comunicación Sermos Galiza, no que colabora a nivel xornalístico amais de ser Secretario do seu Consello de Administración. Publica columnas de opinión en diferentes medios de comunicación e é autor do blogue Contradiscurso (www.contradiscurso.net)
En twitter @contradiscurso (www.twitter.com/contradiscurso) En Facebook (www.facebook.com/contradiscurso)

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal