06:49 Mércores, 21 de Agosto de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XOSÉ LOIS GONZÁLEZ, "O CARRABOUXO" Perfil

Ourense, 1949

Xosé Lois González Vázquez, "O Carrabouxo"


Titulado en Enxeñería Técnica de Telecomunicacións, foi funcionario do Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado no Ministerio de Industria, Turismo e Comercio  co cárrego de Xefe Provincial de Telecomunicacións en Ourense ate que se xubilou en 2009.. Anteriormente foi profesor de Matemáticas, Debuxo Industrial e Tecnoloxía nas Escolas de Maestria Industrial de Ourense e Pontevedra, Xefe dos Servicios Técnicos de Telégrafos en Ourense e  Pontevedra e Xefe de Obras e Instalacións de Correos e Telégrafos de Ourense.

Foi membro da Directiva da AGRUPACIÓN CULTURAL AURIENSE durante 23 anos e Presidente 14 É humorista gráfico, realizando as suas colaboracions regulares nos xornáis  La Región  de Ourense e Atlántico Diario de Vigo con viñetas do personaxe "O CARRABOUXO" que tamén é o seudónimo do autor, e que foi levado á animación  por Lhosca Arias, producindo 26 squetchs, e no semanario "A NOSA TERRA". Tamén colabora coa revistas Retranca, Revista Galega do Ensino e Tempos Novos.

Realiza con frecuencia conferencias sobre o humor e o idioma galegos e ten realizado numerosos pregóns de festas e outras actividades, con contidos relacionados coa indiosincrasia e cultura galegas. Asimesmo realiza intervencions cómicas en forma de monólogos en actos diversos. Interveu na Radio Galega coa personaxe cómico DON COLONIO CARCACIQUE, co que reivindicaba o idioma e a cultura galegos.Ten realizado numerosísimas  exposicións das súas viñetas en  Galiza e na Emigración.

Publicou os seguintes libros de Humor Gráfico:

- ANO  E PÌCO DE CARRABOUXOS
- CATROCENTOS CARRABOUXOS MAIS
- CARRABOUXOS A ESGALLA-1
- CARRABOUXOS A ESGALLA-2
- CARRABOUXOS-90
- 20 ANOS DE CARRABOUXO
- VEÑA CARRABOUXO

(Publicados  pola Deputación de Ourense)
- A SABELIÑA
- 318 CHISTES DE XOSE LOIS
-NOVOS CHISTES DE XOSE LOIS

(Publicados por "A NOSA TERRA")
- HUMOR GRAFICO.XOSE LOIS NA TRANSICIÓN
(Publicado po-la Universidade de Vigo)

Tén recibido os seguintes recoñecementos:

- Premio Popular de Populares  COPE  Ourense
- Primeiro Cigarrón de Honor do Entroido de Verin
- Premio GALICIA de Xornalismo (Xunta de Galiza) 
- Premio Revista FOLLAS SECAS
- Premio de Xornalismo XOSE AURELIO CARRACEDO
- CURUXA DE HONRA do Museo do Humor de Fene.
- MEDALLA DE PRATA da FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS EN ALEMANIA.
- PREMIO GALICIA DE COMUNICACION
- MEDALLA CASTELAO


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña