13:41 Venres, 16 de Novembro de 2018
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

XOÁN COSTA Perfil

Oroso, 1956

Xoán Costa


Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago. Amplía estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982.

Profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983; profesor no IES de Elviña ( A Coruña no ano 1984) e no IES Menéndez Pidal da Coruña desde 1985.

Director entre 1985 e 1987 da Revista Agália.

Autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega presentados a diferentes congresos (Congreso Internacional da Lingua galego Portuguesa na Galiza, Congreso Castelao, Xornadas de Lingua e Literatura, Xornadas de dinamización lingüística, etc) e colaborador en publicacións periódicas de Galicia ( A Nosa Terra, Luces de Galiza, Terra e Tempo, Galicia Hoxe, Caderno Xeral, etc).

Foi membro da Dirección da Federación do Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG) , traballando durante oito cursos como liberado na comarca da Coruña. Na actualidade é delegado sindical da CIG.

Entre as publicacións cabe destacar:

-Como membro da Comisión de Lingüística da AGAL participa na elaboración do Estudo crítico das Normas Ortográficas e morfolóxicas do Idioma Galego (1983) e do Prontuario Ortográfico galego (1985);
-Coautor da Nova gramática para a aprendizaxe da Lingua (1988);
-Coautor e coordinador dos volumes de gramática aplicada ao ensino Actividades de léxico (I e II), Actividades de construción gramatical e Actividades de expresión oral e escrita (1990-1991-1992);
-Autor, xunto con Pilar Garcia Negro, do libro O ensino da Lingua: por un cambio de rumo. Introdución Teórica e Unidades didácticas (1995);
-Coautor e coordinador dos materiais Lingua e Literatura para os cursos 1º, 2º, 3º e 4 de ESO (1996-1997) e 1º e 2º de Bacharelato.

Coautor de Carvalho Calero: de puño e letra (2010).

Desde xaneiro de 2001 é Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega.


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal