00:18 Luns, 23 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

CARLOS NEGRO Perfil

Lalín, 1970

Carlos Negro


Destaca fundamentalmente polo cultivo do xénero poético.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela; na actualidade exerce como docente no C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón, no concello coruñés de Dodro. Durante o ano 2004 desempeñou o cargo de Secretario Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Desde mediados da década dos noventa, leva participado en numerosos recitais e eventos de carácter poético celebrados por toda Galicia; así mesmo, adícase a impartir obradoiros sobre creación literaria; colaborou, en diversas edicións, cos actos literarios celebrados na Algarabía de Lalín, e tamén nas Forxas Literarias da Solaina, na Fundación Casa-Museo de Piloño (Vila de Cruces).

Ata o presente ano 2009, deu ao prelo os seguintes títulos: as laranxas de alí babá (Letras de Cal, 1998; 2ª edición, corrixida e aumentada, na colección Poeta en Compostela, nº 16, Editorial Compostela, 2006); Far-west (Colección Ablativo Absoluto, nº 20, Edicións Xerais, Vigo, 2001); Héleris (Espiral Maior Poesía, nº 130, A Coruña, 2003; 1º premio de poesía, ex aequo, na VII edición do certame Johan Carballeira, do Concello de Bueu); Cultivos transxénicos (Instituto de Estudos Miñoranos, 2008; 1º premio de poesía Vitoriano Taibo, da Entidade Local de Morgadáns, Concello de Gondomar) e Makinaria (Colección Fóra de xogo, nº 120, Edicións Xerais, 2009), poemario orientado a un público xuvenil. Moi recentemente vén de publicar Abelcebú (Edicións Positivas, 2010), un dicionario de carácter satírico.     Así mesmo, unha breve escolma dos seus textos pode consultarse en antoloxías como 25 anos de poesía galega; antoloxía 1975-2000, Vol.III, Biblioteca Galega 120, Editora La Voz de Galicia, 2002 ou Poetízate. Antoloxía da poesía galega, Colección Fóra de xogo, nº 89, Edicións Xerais, Vigo, 2006.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña