01:50 Domingo, 15 de Decembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

DIONISIO PEREIRA Perfil

A Coruña, 1953

Dionisio Pereira


Dionisio Pereira González, é historiador, especialista no movemento obreiro en Galicia, ao que ten adicado numerosos artigos e libros.

Entre eles, destacamos a obra colectiva da que é coordenador, "Os Conquistadores modernos : movemento obreiro na Galicia de anteguerra", Vigo, 1992, "A CNT na Galicia : 1922-1936", Santiago, 1994, "Sindicalistas e rebeldes : anacos da historia do movemento obreiro na Galiza", Vigo, 1998 ou, xunto con Eliseo Fernández, "O Anarquismo na Galiza (1870-1970): apuntes para unha enciclopedia", Santiago, 2004. Tamén ten abordada a cuestión da represión, en "Os Mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)", en "A represión franquista en Galicia : actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria", Narón, 4 a 7 de decembro de 2003, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005, p. 501-515, "O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras : só viñeron a matar e roubar", Asociación Amigos da República (eds.), "O Cambedo da Raia, 1946 : solidaridade galego-portuguesa silenciada", Ourense, 2004, entre outras moitas obras.
Actualmente é o responsable da provincia de Pontevedra no proxecto de investigación "Nomes e Voces".


© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña