14:21 Luns, 20 de Maio de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

CARME VERDE DIEGO Perfil

A Guarda, 1965

Carme Verde Diego


Diplomada en Traballo Social, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Doutora en Ética e Filosofía Política. Exerce profesionalmente como Profesora Titular de Traballo social na Universidade de Vigo (Campus de Ourense) e na UNED. Leva anos investigando, escribindo artigos, organizando e dando cursos de formación e módulos e posgraos e impartindo charlas e conferencias sobre cuestións de carácter social, nomeadamente relacionadas coa inmigración, co xénero e coa infancia. Está colexiada no Colexio Oficial de Traballadores sociais de Galicia e é membro da Xunta de Goberno do Consejo General de Trabajo social de España dende 2010.

Tense implicado en proxectos sociais e transformou o seu activismo en participación política no Bloque Nacionalista Galego. Nel participa das Comisións Nacionais de Servizos sociais, de Muller e de Migración. É Concelleira do BNG en Tui dende o ano 2007.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña