Doutora en Filoloxía Románica e profesora da Universidade da Coruña. 33 aproximacións á literatura e á lingua galega (en colaboración con Xosé María Dobarro), O galego e as leis. Aproximación sociolingüística, O ensino da língua. Por un cámbio de rumo (en colaboración con Xoán Costas Casas), Sempre en galego, Direitos lingüísticos e control político, Arredor de Castelao, a edición de Rosalía de Castro de A.G. Besada ou a edición crítica da Poesía Galega de Lamas Carvajal, De fala a lingua: un proceso incacabado, son algúns dos seus títulos.
É autora de numerosos ensaios, estudos e artigos sobre sociolingüística e literatura e literatura galega.
Colaboradora da AS-PG, da Federación de Asociacións Culturais Galegas e doutras entidades internacionais, foi delegada na Galiza (1985-1990) do Bureau européen pour les langues moins répandues e é membro do Comité Científico da Declaración Universal de Direitos Lingüísticos. Foi deputado polo BNG no Parlamento de Galiza entre 1989 e 2003.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.