Comezou a colaborar na prensa aos dezasete anos, cultivando preferentemente o xornalismo cultural. As súas primeiras colaboracións foron nos anos setenta en “La Voz de Ortigueira” e nas páxinas culturais de “El Ideal Gallego” e “A Nosa Terra”. Por esa mesma época impulsou a creación da Asociación Cultural Ramón Cabanillas e a recuperación de figuras como Ramón Armada Teixeiro ou Federico Maciñeira. Foi, asi mesmo, cofundador de Edicións O Paporroibo e coordinador xeral da Universidade Popular de Ortigueira, pola que pasaron as principais personalidades da cultura galega e figuras como José Luís Sampedro. Entre os seus traballos cómpre destacar “Ortigueira na cultura galega”, “O país de nós”, “Os vellos. A memoria da vida e unha cultura que se perde” e “Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995)”. Comprometido co nacionalismo galego desde moi mozo, foi militante da AN-PG, portavoz do BNG no Concello de Ortigueira e máis tarde Responsábel Portavoz Comarcal do BNG de Ferrolterra. Membro de Rumbo21 e da Comisión Promotora da ILP sobre o sector naval de Galiza.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.