07:26 Luns, 23 de Setembro de 2019
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Colaboracións

CARLOS MANUEL CALLÓN TORRES Perfil

Ribeira, 1978

Carlos Manuel Callón Torres


Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, desde o ano 2002. Preside tamén a Fundación Via Galego desde a súa constitución en 2006 e o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (2008-10). Participou activamente no impulso da plataforma unitaria Queremos Galego, da cal é un dos portavoces. É profesor de lingua e literatura galega en secundaria e autor de investigacións sobre sociolingüística e estudos literarios, materias sobre as cales é un prolífico conferencista. Publicou o libro Por unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) e vai saír agora do prelo a obra de divulgación sociolingüística En castellano no hay problema. Mantén o blog persoal carloscallon.com e colabora con asiduidade en varios medios de comunicación.

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña