08:06 Luns, 10 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Manifestación conmemorativa da "Revolución dos Cravos". Lisboa, 25 de abil de 2010 01-05-2010

Os 36 anos do 25 de abril celébranse nun marco de crise económica e conflitividade social e laboral

Portugal conmemora a revolución dos cravos con contestación ao PEC do goberno Sócrates

DUARTE CORREA PIÑEIRO


As mobilizacións populares conmemorativas dos 36 anos da revolución do 1974 contaron este ano cunha nutrida presenza de persoas e colectivos,  presenza superior á agardada e que incluso sorprendeu aos comentaristas de prensa e a algúns dos participantes na manifestación central en Lisboa. Como xa é tradición a marcha percorreu a Avenida da Liberdade até desembocar no Rossio e nas faixas que portaban moitos dos asistentes ademais das reivindicativas dos principios da revolución de abril destacaban as que facían referencia á situación económica e denunciaban as medidas que tenta poñer en marcha o goberno do Partido Socialista de José Sócrates no Programa de Estabilidade e Crescimento 2010-2013


0 comentarios |
Valoración
29-04-2010

A Igrexa, o PP e o poder financieiro “son inasequíbeis ao desalento, sobreviven a todo por moitas que fagan”

Os poderes da dereita en crise

EVA LEMA TRILLO


Nestes tempos nos que a palabra máis utilizada debe ser a de crise, caín na conta de que o espectro ideolóxico aposentado na dereita está verdadeiramente en apuros. Outra cousa é o resultado, as consecuencias da capa caída porque son inasequíbeis ao desalento, sobreviven a todo por moitas que fagan. Vexamos como están as cousas.


1 comentarios |
Valoración
27-04-2010

De cara afora, Panamá esta recuperando a súa posición xeoestratéxica para os intereses norteaméricanos, cando máis con Venezuela tan preto

A nova dereita centroamericana

ANDRÉ ABAL MAURICIO

Cartel electoral de Ricardo Martinelli, Presidente de Panamá


Fai un ano, as eleccións en Panamá permitiron asentar a dereita na rexión centroamericana, e consolidar no neoliberalismo a xoia da coroa do proxecto bolivariano. Un millonario, dono da distribución de alimentos e da cadea de supermercados máis importante do país, con resultados marxinais nas elección de 2004 creou un novo partido político -Cambio Democrático-, contratou os asesores que conseguiron a reeleción de George W. Bush, un dos cales é hoxe ministro, e cun aporte persoal de dez millóns de dólares só na campaña deu en rachar o bipartidismo no que se movían as elección panameñas desde a invasión norteamericana de 1989.


0 comentarios |
Valoración

DUARTE CORREA PIÑEIRO


21-04-2010

Semella que os EUA teñen unha nova aliada e agora convén a discreción

Que pasou o sete de abril en Kirguizistán? Murcharon os tulipáns da democracia?

0 comentarios |
Valoración

XOSÉ RAMÓN ERMIDA MEILÁN


16-04-2010

Galiza e Cuba: moitas loitas por rematar e outras tantas por comezar

Cuba si

13 comentarios |
Valoración

RAÚL RÍO DÍAZ


17-04-2010

Rubalcaba ameaza a todo o que ouse discrepar da versión oficial do sucedido en Francia

Esvaran polo pau da cucaña

0 comentarios |
Valoración

JOHN CATALINOTTO


14-04-2010

Mentres as Forzas Especiais cometen máis atrocidades

A ocupación estadounidense de Afganistán vaise esnaquizando

0 comentarios |
Valoración

XOÁN CARLOS GARRIDO COUCEIRO


12-04-2010

No marco desta ofensiva mediática contra Cuba sae a luz o vídeo do asasinato do fotógrafo da axencia reuters Namir Noor-Eldeen e outras once persoas máis polas balas dun helicóptero apache norteamericano

Son humanos os iraquís?

0 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...              < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña