É claro que o rexime político español non goza da boa saúde de décadas atrás, mais conviría recoñecer, para non errar no diagnóstico, que mantén unha grande fortaleza, especialmente despois de superar, en certa medida, a crise de lexitimidade que acompañou a crise social e económica desde 2008.
A isto non é alleo a falta de cuestionamento real por parte da esquerda española, nun comportamento que confirma, máis unha vez, que só os movementos soberanistas das nacións representan unha impugnación efectiva do rexime de 78. De facto, o momento de maior crise que coñeceu nos últimos tempos foi o proceso en prol da autodeterminación e a construción dunha República catalá soberana.
Señor ministro:
Sinto ter que afearlle esa mala costume que ten de non dicir a verdade. Eu odio a mentira e penso que si vostede é consciente das que saen pola súa boca darase conta de que non está capacitado para exercer ese alto cargo en ningunha democracia que se prece e si non fora consciente tampouco é merecedor del, polo mero feito desa inconsciencia. Estou seguro que de seguir así por ese camiño, en pouco tempo vaise poñer vostede a altura de Feijoó, que é capaz de contar ao revés as tres verdades do barqueiro sen poñerse roibo, porque el xa ten moito callo na cara, pero vostede vaille á zaga.
O goberno español de esquerdas presentou recurso de inconstitucionalidade a 44 artigos da lei galega de recuperación da terra agraria. Os recursos non van no camiño dunha posíbel mellora da devandita lei. Os recursos do goberno español son prantexados por que tal lei invade competencias reservadas ao Estado central como poden ser cuestións de catastro, competencias da Axencia Galega de desenvolvemento rural, establecemento de medidas financeiras incentivadoras, revisión xeométrica e topográfica das terras............É dicer, cuestións nas que Galiza non ten poder de decisión, non ten soberanía.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.