Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez
A casa de Casares Quiroga da cidade herculina acolleu no pasado mes de febreiro, unha exposición impulsada pola Delegación de Cultura do Concello da Coruña na que se facía un percorrido pola historia do colectivo Brais Pinto. A Fundación Bautista Álvarez quere achegar a través da súa fototeca unha mostra dela, convencida da necesidade de facer presente unha parte substantiva da nosa historia, introducindo claves que nos permitan coñecer e comprender ese grupo, na perspectiva de presentar unha realidade non deformada que non deixe portas abertas á mitificación e á manipulación.
`Tampouco os mortos estarán seguros ante o inimigo cando este venza. Y este inimigo non deixou de vencer´ escribía Walter Benjamin nas súas Teses de filosofía da historia confluíndo cun Castelao que pola mesma época estaba a soster a mesma crítica contra unha ideoloxía socialdemócrata da historia que ao fin se resumía na frase de Negrín `borrón y cuenta nueva´ e na fe cega nun progreso que non alcanzaron a ver que tamén comportaba inventos como as cámaras de gas e outros artefactos.
Enrolarse nas Forzas Armadas Españolas está a ser unha saída laboral forzosa para moita xente nova que non confía en atopar un emprego estábel dada a situación económica da nosa nación e as altas taxas de desemprego que padecemos as mozas e mozos galegos. Malia ser poucos os datos públicos, os máis recentes, lamentabelmente, amosan un aumento drástico das solicitudes en Galiza. Dende o ano 2007 ao ano 2009 as peticións de ingreso nas Forzas Armadas aumentaron un 75% na nosa nación, situándose a provincia de Pontevedra coa porcentaxe máis elevada cun incremento a respecto de 2007 do 98%.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.