22:22 Venres, 14 de Agosto de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
13-04-2010

Para o POL o litoral é deficitario enerxéticamente, a produción de enerxía eólica non ten impacto ambiental significativo e as instalacións enerxéticas son parte da construción colectiva da paisaxe

O Plan de Ordenación do Litoral (POL) propón inzar a costa galega de parques eólicos

CARME DA SILVA MÉNDEZ


O plan de ordenación do litoral, que debería ter como un obxectivo fundamental a ordenación e regulación dos usos e actividades cun forte impacto sobre o medio e a paisaxe costeira do noso país, non establece ningún condicionante á ubicación de instalacións de produción de enerxía eléctrica na costa galega, nomeadamente de parques eólicos. No capítulo dedicado á enerxía (Título II, capítulo 4) prioriza a necesidade de desenvolver todo o potencial eólico do litoral galego, sen establecer ningún tipo de restricción ás posibeis ubicacións nin propoñer a retirada de ningunha das actuais.


4 comentarios |
Valoración
11-04-2010

A mimosa non entende de convivir, nin sequera coas especies de sempre, ben adaptadas, ben asentadas. Imponse, avanza, substitúe

A perversa invasión

XOSÉ SALVADORES COVAS


Estamos sendo invadidos por un ser alleo, fortemente agresivo que despraza e destrúe o noso sen piedade. Unha vez asentado, e en desigual competencia, arruína o que leva miles de anos aquí. É un ser incompatible co propio. A quen me estou a referir é a unha planta: a coñecida MIMOSA, Acacia dealbata, e o proceso ten similitudes sorprendentes co que está a ocorrer coa nosa lingua. O materialismo dialéctico ten esas cousas. Non hai bilingüismo harmónico como non hai equilibrios naturais estáticos; todo é dinámico e na confrontación dos contrarios sempre hai alguén que se impón.


0 comentarios |
Valoración
12-04-2010

As últimas actuación da Xunta de Galiza en relación co marco normativo que regula as concesións do transporte colectivo por estrada fai sospeitar que os pretendidos avances que deberían ser as áreas metropolitanas

O Goberno galego e o transporte colectivo: Realidade ou apariencia?

MARÍA TEREIXA PAZ FRANCO


No debate político e mediático, cando se abordan as medidas para vertebrar o noso territorio e para superar as fendas que separan a franxa atlántica do resto da nosa nación, adoitase reducir a solución á dotación de grandes infraestruturas de comunicación: autoestradas, autovías, vías de alta capacidade e camiños de ferro de alta velocidade. Resultan en moitas ocasións ser as esquecidas nos “grandes debates” as liñas de ferrocarril de proximidade, que son as que verdadeiramente permiten a mobilidade da cidadanía na súa vida cotiá e o dinamismo económico das nosas comarcas, mais este esquecemento vólvese en ausencia cando do transporte público por estrada se trata, a pesar de ser esta unha das carencias que a cidadanía de gran parte do noso territorio nacional manifesta como prioritarias.


0 comentarios |
Valoración

MANUEL MIRAGAIA DOLDÁN


10-04-2010

A súa vida e obra constitúen paradigmas da compatibilidade absoluta do galeguismo co cosmopolitismo cultural máis requintado e anovador

Johán Vicente Viqueira; recuperarmos a un grande patriota

0 comentarios |
Valoración

MANUELA RODRÍGUEZ PUMAR


11-04-2010

Ademais de ser galego-falante activa, son activista, militante da lingua porque, cousa do vicio, quero cada vez máis galego

O saudábel vicio de falar galego

1 comentarios |
Valoración

LUÍSA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ


08-04-2010

Agredidas dobremente polo maltratador e pola sociedade

A falacia das denuncias falsas das mulleres

4 comentarios |
Valoración

FRANCISCO GARCÍA SUÁREZ


10-04-2010

O que se pretende é distraer a atención para non centrar o debate na discriminación que sofren os concellos galegos na participación dos tributos do Estado

A fusión de concellos, un falso debate sobre a suficiencia económica municipal

0 comentarios |
Valoración

ALBERTE MACEIRA BALBOA


09-04-2010

Chegan a Galiza empresas que enmascaran o método de venta do sistema piramidal e chámanlle multinível ou duplicación, pero o resultado sempre é o mesmo

A estafa piramidal volta a Galiza

4 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 308   309  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña