Non preciso aclarar a carga de profundidade que ten este novo dereito que se inventa o PPdG. A vida existe no momento mesmo da concepción, o embrión é suxeito de cidadanía desde o momento mesmo en que o espermatozoide fecunda o óvulo. Asume o Partido Popular as teses máis extremistas e radicais do movemento anti-abortista. Apostan por crear unha rede de apoio ás mulleres embarazadas, iso si, para concertala coas asociacións que promoveron esta iniciativa.
Galiza, á vez que se libera das desfasadas e ruinosas Deputacións, ten que organizar no novo Estatuto o seu territorio, distribuíndo recursos eficientemente e co conseguinte aforro entre as Comarcas, dotándoas ademais de personalidade xurídica. Enténdase como Comarcas, agrupacións de Concellos con identidade territorial, produtiva e social propias e que serán urbanas ou Áreas Metropolitanas no entorno das cidades e rurais no resto do territorio.
...o problema vén cando a análise que se fai conclúe que este cambio é debido unicamente aos actos individuais que realizan aquelas persoas concretas que, por así dicilo, non se comportan "ecoloxicamente", ou, dito doutra forma, teñen pautas de consumo erróneas, e esa actitude fai que as industrias subministren produtos non respectuosos co medio ambiente. Noutras palabras, parten da premisa de que é o consumo quen determina a produción e, loxicamente, os culpables da desfeita son os desaforados consumidores.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.