Cando chegan as elección xenerais ao Parlamento español sempre hai alguén que di que neste caso non vale de nada votar a partidos nacionalistas, pois eles nunca chegarán ao Goberno central do Estado. Non se dá conta que o presidente elíxeno despois os Deputados no Parlamento e que para iso serven tamén os votos das organizacións nacionalistas, como foi o caso da investidura do soldado Sánchez, que saíu elixido grazas aos votos do BNG galego, de EH-Bildu e PNV de Euskadi e de Esquerra Republicana de Catalunya, aínda que serviu de pouco investilo, pois fixo políticas de dereitas e recortes sociais, coma si dun goberno do PP se tratara
Em 24 de fevereiro, o mundo estremeceu com a invasão russa da Ucrânia e, a partir desse dia, a guerra passou a fazer parte do nosso dia-a-dia, transmitindo quase ao vivo e fazendo com que a situação na Ucrânia ocupasse o maior espaço em qualquer media; por isso, é impossível que qualquer pessoa no planeta desconheça, hoje, a existência desse conflito bélico
O pasado sábado tiven a honra de acompañar, xunto con Nemesio Barxa, a Francisco Rodríguez na presentación do seu último libro Aproximación a unha etapa estelar e conflitiva de Galiza no Auditorio do Marco en Vigo.
Desde o meu punto de vista, esta nova publicación vai ser outro punto de inflexión na investigación da Historia de Galiza, como o foi, en 1988, a publicación da súa tese de doutoramento sobre Rosalía de Castro. Por certo, un acto sinalado en que o público rebordou aquela Aula Magna de Historia en que un tribunal composto por Carvalho Calero, Pilar Vázquez Cuesta, Anxo Tarrío, Xosé Ramón Barreiro e Claude Henri Poullain concedeu ao traballo de Rodríguez a máxima cualificación .
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.