Nas emendas presentadas polo PSOE e o PP á Iniciativa Lexislativa Popular sobre o Fomento do Sector Naval de Galiza, fica claro a posición destas forzas políticas sobre un dos nosos sectores produtivos de carácter estratéxico.
Miguel Angel Fernández Ordoñez, coñecido como MAFO no sector financeiro, é o gobernador do Banco de España, un personaxe central na crise económica e financeira na Europa e no estado español e actualmente é un dos responsábeis da posíbel desaparición de Caixa Galicia e Caixanova. Malia que se presenta como unha persoa de perfil técnico, estamos ante un militante do PSOE que ostentou diversos cargos públicos en gobernos dese partido
No actual contexto social corremos o risco de simplificar e atribuir á crise todos os fenónemos que se producen nos planos económico ou laboral. Ímonos referir, nomeadamente, ao fenómeno da deslocalización, o cal ten unha xénese moito anterior ao colapso dos mercados financeiros. Fenómeno consistente, en esencia, en trasladar a produción de diferentes sectores económicos a zonas con nula regulación económica, laboral e sindical, aproveitando a práctica do dumping social para obter maiores beneficios económicos
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.