Son coñecidas as nefastas actuacións do sindicalismo estatal en conflitos como o de Caramelo, no do Naval en Vigo, na sinatura de Acordos con topes salariais que manteñen en Galiza os salarios e as pensións máis baixas do Estado, etc.; mais a súa actuación na Comarca de Ferrolterra é especialmente paradigmática.
Este enunciado, que subxaz e está detrás de toda a lóxica do actual sistema económico ten moitos corolarios que, ben mirados, terían o seu aquel se non fose a tremenda cárrega de inxustiza, opresión e desigualdades sociais que implica. Non podemos tomalo a broma. A grande sarta de mentiras do capitalismo é longa, por máis que estean tan espalladas e semelle que unhas se tapan ás outras.
Rematou o Entroido e agora xa non hai máscaras posíbeis: no mes de xullo comezarase a aplicar unha das medidas máis reaccionarias do goberno español que se cebará coas clases populares e os sectores sociais máis desprotexidos. O disfraz de "campión do progresismo" non será capaz de tapar as vergoñas dun PSOE que novamente lle dá as costas a maioría da sociedade en detrimento das clases máis privilexiadas.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.