É evidente que o nosso futuro como povo depende em boa medida de que os seus jovens permaneçam na terra pois como vamos liberar a nossa pátria se nos vamos embora, como deixará Galiza de ser um país empobrecido se não contribuímos a que o deixe de ser. Por isto faz-se mais necessário que nunca se cabe combatermos as mensagens que sobre a mocidade e dirigidas a ela emite o sistema através dos seus mecanismos de propaganda com o objetivo de a alienar e a adormecer mas também criminalizando-a para minimizar a sua capacidade de revolver-se.
Como dicía aquel dito do fútbol “...e chega outro ano e pasa tamén...”, isto é o que fixo o goberno do PSOE o pasado luns 12 de abril cando presentou o segundo borrador da futura, cacarexada e pretendida reforma laboral chamado “diálogo social sobre actuacións no mercado de traballo”, e que recolle cinco aspectos como a dualidade e temporalidade no mercado de traballo, a revisión da política de bonificacións, o programa de emprego para a mocidade, a intermediación laboral e o fomento da redución de xornada.
O problema de "cargarse" todo o anterior non só denota a incapacidade do PP de entender os problemas deste país senón que supón a superposición dos intereses do partido fronte ao criterio ou a lóxica do anterior goberno, que era un xeito de entender o desenvolvemento rural a través da aplicación de medidas lóxicas en función da realidade rural actual, aproveitando os recursos existentes e suprimindo gastos innecesarios. As medidas poden ser revisadas ou discutidas pero sempre responderon a unha nova lóxica de xestión e non a intereses particulares.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.