A lei do aproveitamento eólico e pola que se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental e as modificacións de lei de ordenación urbanística e protección do medio rural, recentemente aprobadas polo goberno do Partido Popular, son dúas lexislacions agresivas contra o monte veciñal que teñen con obxetivo a eliminación do monte veciñal, esa outra forma de poseer que temos os galegos e as galegas
Nos últimos anos tomou forza a idea do decrecemento, quizais agora impulsada por unha crise que, efectivamente, está a xerar crecementos negativos nas economías occidentais. Porén, é un erro falarmos do "decrecemento actual" xa que estaríamos a confundir a simple crise de crecemento do modelo capitalista na que se decrece, pero sen modificar no máis mínimo o modelo capitalista, coa idea do alternativa de decrecemento.
O neoliberalismo procura na tecnoloxía -ou nun concepto máis xenérico "tecnociencia"- maior capacidade de globalización, deslocalización e uniformidade: maior rapidez nas comunicacións, maior capacidade de control e de intimidación, creación de necesidades de consumo, pensamento único, semellantes xeitos de vida e eliminación da diversidade.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.