En termos de prospectiva político-económica é difícil enxergar o que vai acontecer con moitas institucións das que agora temos (goberno galego, Estados, UE, caixas e bancas, igrexa, etc.), o que si é claro é que o control da cadea de producción agropecuaria seguirá sendo fundamental para artelllar calquer idea de soberanía en calquera orde que nos situemos.
A pesares de que morreu DEUS, o MERCADO, o que todo o pode e todo o sabe; e morreu sen pena nen groria, e sen facerlle enterro, os santos pais do becerro de ouro seguen amosándonos desde as basílicas da BOLSA o brazo furioso da iracunda crise que somente nos devolverá ao colo do benestar se antes nos apretamos o cinto, nos axionllamos, nos arrastramos, nos poñemos cinza e cilicios e pagamos ao pecado de ter quizais vivido por riba das nosas posibilidades, o terríbel pecado, a maioría das ocasions de terlle feito caso ao deus Mercado e ter pasado a vida hipotecados para ir chegando a unha vivenda, un auto, darlle algo de xeito aos fillos, o que puido, e probar un churrasco algún fin de semana.
As políticas de axuste acatadas por Zapatero e impostas por Bruxelas siguen a ser un instrumento ao servizo dos causantes da crise, arrastrando a amplísimos sectores da cidadanía á involución social e económica nunha perspectiva sin saída. A orixinalidade, sen dúbida, non é a característica deste meu artigo de hoxe. O "monotema" da crise económica e as medidas que ven de anunciar o goberno pseudo- socialista de ZP expresan a capitulación en toda regla diante das presións da UE, do Banco Central Europeo e do capitalismo internacional.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.