Conforme pasan as semanas ímonos decatando de que os problemas non os teñen só os alcumados despectivamente como PIIGS, e observamos como outros e variados estados europeos saltan ao terreo de xogo, un terreo que ten moitas semellanzas con aquel circo romano no que botaban aos esrlavos ás feras famentas. O espectáculo aos especuladores e magnates das finanzas só lles produce subidas e baixadas de adrenalina pero para as clases populares é moito máis, pois suponlles a entrada nunha diabólica ruleta rusa trucada; unha ruleta rusa na que dos oito orificios cos que conta o tambor do revólver sete levan un cartucho mortal e só un permite sobrevivir.
Ouro, moeda da globalización, base de garantía da divisa, valor seguro e en alza. O ouro é moito máis que o que reloce, é o máis forte activo monetario e que pola súa maleabilidade pode levar implícitos outros prezados caprichos, sábeno ben os que o mercan barato, sumando eses outros valores engadidos en forma de xoias antigas, históricas e de deseño coa correspondente.pedrería preciosa
O Leviatán neoliberal está ferido, pero resístese a fincar o xeonllo en terra. O sistema económico imperante non dá satisfacción ás necesidades da maioría, mais a inmensa minoría que del se lucra mantén aínda o control da situación: detenta todos os poderes políticos, económicos, financeiros e mediáticos. Entrou en pánico, séntese acurralado e reaxe como unha besta que se sabe tocada e que, talvez consciente do seu estado, quer morrer matando.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.