Esta obra foi publicada en 1965, en galego e castelán polo seu autor, Alberto Míguez. Esta antoloxía é un exhaustivo estudo de vida, obra e traxectoria política da senlleira figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, referente clave do nacionalismo galego.
No libro -de 203 páxinas- faise un repaso pola maneira de entender varios conceptos socio-políticos tanto a nivel galego, como a nivel estatal e internacional, o que ilustra a ideoloxía de Castelao en todas as súas vertentes.
En palabras do autor, "Hai un mes do pasamento de Chávez. Nunca antes tantas razóns tivemos para explicar, tratar de convencer e ciscar as orixes e os por que da revolución bolivariana das que nos sentimos parte". Reflexan o contido e obxectivo desta interesante obra para entender e coñecer mellor a realidade política venezolana.
Aquí ofrecemos a edición galega, co seguinte índice:
Nota á edición en galego / 7
Razóns dunha revolución / 9
Segunda parte: de que trata todo isto? / 31
As seis bandeiras sobre o outeiro cultural / 55
En 2007 saíu á luz o primeiro volume das Obras Completas de RAMÓN VILAR PONTE, titulado Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar
Ponte, con inclusión de catro obras fundamentais deste clásico do pensamento nacional galego. Editado pola Deputación de Lugo e baixo os
cuidados de Xesús Blanco Echauri, María Pilar García Negro e Goretti Sanmartín Rei, neste ano 2013 publicaranse os dous volumes que
completarán a bibliografía de autor tan sinalado e vixente da literatura galega.
Conterán, entre outros, o seu manual de Historia da Galiza e os artigos que escrebeu ao longo de toda a súa vida.
Neste arquivo ofrecemos parte deste libro, "Historia sintética de Galicia", editado por "Nós" no ano 1927; a introdución a cargo de Vicente Risco e o capítulo de Prehistoria e Historia Antiga.
Este libro de Ramón Muñiz de las Cuevas, baixo o seudónimo de Xosé Fernández Roupar, está escrito no ano 1979 e prologado polo crego de Sésamo ou o crego das Encrobas, Moncho Valcárcel. Ten o grande mérito de ser feito por quen estivo eses anos levando a responsabilidade política diante do nacionalismo da orientación colectiva destas loitas e da ideoloxización dos e das afectados.
O libro, de 195 páxinas, recolle o período que vai desde a fundación das Comisóns Labregas, no ano de 1973, até principios de 1978.
Edición en lingua galega do título orixinal en español: Castelao y los vascos. Escolma de textos feita por Iñaki Anasagasti Olabeaga.
Idatz Ekintza, Bilbo, 1985.
O presente volume, cadrando co 125 aniversario do nacemento de Castelao, está editado pola Fundación Moncho Reboiras para o estudo da cuestión social e sindical en Galiza ( www.fesga.org ) e pola CIG-Migración. A tradución para o galego é de Xurxo Martiz Crespo. Xosé Estevez fixo o limiar deste espectacular libro de 655 páxinas.
O libro pódese descargar directamente (11,8 megas) ou visualizalo en pantalla clicando aquí: [Visor en pdf]
Editado por Xistral o 15 de marzo de 1980, véspera da celebración da marcha sobre o Foxo (A Estrada) baixo o lema "Polo uso irrenunciábel do noso idioma, contra o decreto de bilingüismo". O libro foi promovido pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e os textos dos artigos pertencen a estes autores e autoras:
- LLuis V. Aracil
- María Pilar García Negro
- Francisco Rodriguez
- Pilar Vázquez Cuesta
- Ricardo Carvalho Calero
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.