Recollemos o Epílogo e índice da última publicación editada pola Fundación, Bautista Álvarez. Obras escollidas. Volume III.
Este terceiro volume composto de 320 páxinas recolle 38 artigos e intervencións de Bautista Álvarez, que tiveron lugar desde o ano 1958 até o ano 2016.
De teres interese en adquirir o libro, xa está á venda nas librarías ou só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
Recollemos o Limiar da última publicación editada pola Fundación, Bautista Álvarez. Obras escollidas. Volume II.
Este segundo volume composto de 284 páxinas recolle 24 discuros e intervencións de Bautista Álvarez, que tiveron lugar desde o ano 1964 até o ano 2013.
De teres interese en adquirir o libro, xa está á venda nas librarías ou só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
Recollemos o Limiar da última publicación editada pola Fundación, Bautista Álvarez. Obras escollidas. Volume I.
Este primeiro volume composto de 284 páxinas recolle 39 artigos de Bautista Álvarez, publicados desde o ano 2005 até ano 2012
Entre os artigos uns son inéditos, outros publicados na revista Terra e Tempo tanto na súa edición en papel como na súa versión dixital, así como noutras publicacións.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
O volume 50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza, nace como resposta a unha necesidade: dotármonos colectivamente de máis e mellores argumentos.
Participan cincuenta persoas de ámbitos, xeracións e formación diversas. E é unha obra intencionadamente inacabada. Non é ningunha caste de catecismo laico. Non están todas as preguntas, nin estas son as únicas respostas posíbeis.
Recollemos nesta descarga a portada, o sumario e a introdución.
De teres interese en adquirir a revista, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
Unha achega ás orixes de ERGA, en tanto expresión da autoorganización do estudantado galego, fai referencia, nun primeiro plano, ás motivacións que levaron a este grupo de estudantes a organizarse e, nun segundo plano, a reparar nas razóns que provocaron que fose precisamente no campo estudantil onde xurde a primeira das organizacións de masas do nacionalismo após a Guerra Civil.
O libro inclúe un DVD. É unha longametraxe documental de 78 minutos de duración, baixo o título "Lume novo", da autoría de Alberte Mera García no que, coa participación de máis de 18 entrevistados e entrevistadas e co acompañamento de imaxes audiovisuais inéditas até a data, retornamos ás loitas estudantís que comezaron nos anos 70.
O libro, de 200 páxinas, divídese en 4 capítulos e un anexo documental contando con máis de 50 fotografías, unha selección de más de 100 autocolantes, cartaces e doucumentos inéditos que recollen os momentos fundamentais dos conflitos estudantís. Aquí recollemos o limiar do libro.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
Limiar a cargo de Bautista Álvarez.
Baixo o nome de Pequeno Dicionario Nacional-Popular a revista
Ceibe acolleu durante dous anos (1978-1979) unha
sección na que se publicaron algo máis de medio cento de
definicións de conceptos básicos que calquera nacionalista
debía saber e –o máis importante- ser quen de entender e
poder explicar axeitadamente no seu ámbito de militancia.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.