Este 8 de marzo finaliza o prazo de 30 días que, por lei, ten a Mesa do Parlamento para decidir sobre a admisión a trámite da Proposición de Lei –por iniciativa lexislativa popular (en adiante, ILP) –sobre o uso do galego polas administracións de Galiza e no ámbito do ensino, presentada exactamente hai un mes por unha comisión promotora (a Lei que regula no noso país o procedemento de ILP impide que sexan entidades quen a promovan formalmente e obriga a que só poidan exercer este dereito cidadás e cidadáns individuais) na que atopamos nomes ben relevantes en diferentes ámbitos da sociedade e da cultura: Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Marica Campo, Andrés Torres Queiruga, Sonia Lebedynski, Xurxo Souto, Margarita Ledo, Avelino Pousa Antelo, María do Pilar García Negro… Xunto a elas e eles, que nos quixeron e queren acompañar neste camiño, representantes tamén das organizacións que fan parte da comisión xestora de Queremos Galego: Carlos Callón, Suso Seixo, Montse Prado, Carme Freire, entre outros nomes.
Fagamos historia desta fermosa cidade da Coruña, para entender quen, e por que razón, lle foi dando forma ao chamado “estilo curuño” e para comprender tamén os distintos intereses que xogan para que A Coruña siga sendo un baluarte da españolidade máis resesa.
O PSOE na cidade da Coruña xa nos ten acostumados/as a, en cuestión de horas, cambiar de opinión con respecto ao galego e á aplicación das leis que procuran promovelo. Foi no caso do Pleno extraordinario en que, por petición do PP, se buscaba un acordo para lle solicitar ao Parlamento galego que o topónimo deturpado da cidade for considerado válido
Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.