Pero na aldea da miña escola todo bulía. Varias xeracións forxando a un tempo o futuro. Todo aderezado cunha ilusión infinita nun pobo que fora secularmente tachado de incrédulo. Era asistir a un espectáculo que emocionaba a calquera.
O goberno de Núñez Feijóo e os seus altofalantes teiman en presentar o decretazo contra o galego como unha proposta polo "equilibrio", o "bilingüismo" ou o "plurilingüismo". É fundamental que desmontemos no noso entorno todas estas falacias e que expliquemos o que de verdade vai significar esta nova norma.
Coido en cambio que levaba razón abondo Cicerón cando aseguraba que o pobo sen Historia era coma un neno, sen pasado, e por tanto sen personalidade definida. Por aquí van as cousas.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.