Nun País onde costa recoñecérmonos, nun mundo onde se desacredita calquera elemento diferenciador, atopámonos con historias exemplificantes da dificultade que supón -simplemente- habitar, recuperar, darlle vida coa propia vida: pousar os versos que naceron do compromiso con esta nosa Patria e que angueiran só "o dereito á dignidade e á enteireza" (Manuel María).
Luís Seoane naceu en Bos Aires e morreu o 5 de abril de 1979, hai 31 anos, na Coruña. Ese día morría a persoa que máis contribuíu á divulgación da nosa cultura despois de 1936. É o continuador de Ánxel Casal pois no exilio, en Bos Aires, será o artífice de centos de publicacións, a maioría relacionadas con Galiza.
A tradición oral foi sempre fonte de información da historia e costumes dun pobo. A oralidade defínese como a transmisión oral dos coñecementos almacenados na memoria humana. Antes da aparición da escrita todos os saberes eran transmitidos mediante a lingua falada. A través de relatos, lendas, contos e cancións transferíase a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.