Hoxe un museo ten que seguir sendo un centro que debe cumprir diversas funcións, entre elas a de garda dunha parte do noso patrimonio cultural, pero tamén de mostrar ese patrimonio e, a ser posible, facelo dun xeito atractivo. E dentro desa serie de funcións que deben cumprir hai que buscar o equilibrio entre todas, non darlle prioridade a unha sobre as outras, non dándolle máis importancia a aquela que xera rendas inmediatas en visitantes e ante a opinión pública, infravalorando así outras funcións como o proceso de documentación e investigación dos seus fondos, que si terán que dar rendas a longo prazo.
En fin, tres días despois desa significativa mobilización, Feixóo anuncia a aprobación do decreto, tendo en conta, só parcialmente, o ditame do Consello Consultivo, para a retirada de parte da polémica consulta ás familias. Como era fácil prever, os entes que propugnan o falso bilingüismo móstranse tremendamente airados e xogan co goberno a "policía bo-policía malo". Chaman a Feijóo "mentiroso en el sentido literal de la palabra" por retirar a consulta aos pais. Curiosa defensa a ultranza do bilingüismo, por certo, só en castelán. Mais seguramente máis preocupante que todo isto é a intención de Feijóo de modificar a Lei de Normalización Lingüística.
Tiveron que pasar dez anos desde a súa morte e tivo que chegar o Día das Letras Galegas para que a obra de Novoneyra fora obxecto de atención. Son escasísimos os traballos que se elaboraron sobre a súa figura e a súa poesía ao longo destes últimos anos. Só agora, co gallo da celebración do 17 de maio, fomos convidados a regresar á súa obra e a redescubrir o poderoso canto de Uxío Novoneyra e o seu inquebrantábel compromiso coa súa patria.
© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal
A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web.