23:36 Venres, 05 de Xuño de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
Páxina principal da inciativa-web "Chámate con xeito" 30-04-2010

Que ficará dun pobo con historia de seu cando se consiga eliminar toda a toponimia e a antroponimia tradicionais e se substitúan por outras deturpadas ou estranxeirizantes?

Salvemos a cabo Seixas! Antroponimia, memoria histórica e dignidade

XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO


A nosa antroponimia presenta tal grao de alteración e deturpación que se converteu nunha das máis estragadas dentro do conxunto dos idiomas romances, afectando de forma moito importante aos apelidos e de modo case completo aos nomes de pía: Paio, por exemplo, tan frecuente noutros tempos, desapareceu practicamente. Se desfigurar ou ignorar propositadamente os nomes ou apelidos é unha maneira de menosprezar ou degradar as persoas, deturpar ou traducir como criterio xeral a toponimia e a antroponimia dun país é unha forma eficaz de o humillar e colonizar, contribuíndo para anular a súa personalidade e para borrar a súa memoria histórica.


10 comentarios |
Valoración
29-04-2010

Se hai algo que define a literatura galega é a vontade de reafirmar a existencia de Galiza, da pervivencia da súa lingua, unha clara expresión de patriotismo

Desde Cantares gallegos, unha literatura de afirmación nacional

MANUEL REI ROMEU

Pequeno fragmento manuscrito de Rosalía de Castro


Polo menos desde o momento que tiven conciencia do meu país, nun sentido crítico e profundo, non deixou de preocuparme que senten  ou que sentimos os galegos cara a Galiza, que somos e como nos integramos no mundo. Estamos moi lonxe  aínda de vivirmos nunha situación en  que se asuma dun xeito espontáneo e natural  a conciencia  galega, que permanece solapada nunha superior omnipresente, a española. A maioría das veces, cando un mozo/a chega a reparar neste dilema, non sen poucos conflitos, acaba facendo descobertas que teñen dimensións de revelación.


0 comentarios |
Valoración
30-04-2010

A cultura é a ferramenta esencial para a cohesión, a transformación social e o afortalamento da consciencia e da identidade nacional

Producirmos cultura (I). A necesidade de industrias culturais propias

XAVIER CAMPOS LÓPEZ


Escribía recentemente Manuel Xestoso, neste mesmo medio, un suxestivo artigo titulado Consumo, no que alertaba dos perigos de aceitar a conversión da cultura nunha mera mercadoría espectacular, carente de sentido formador e transformador. Compartimos a alerta, desde logo, e concordamos na percepción de estarmos a vivir a extensión dun modelo cultural basicamente espectacular, de evasión, no que o ocio, o lecer e o entretemento substituíron á cultura cívica e ao pensamento transformador.


0 comentarios |
Valoración

ROBERT NEAL BAXTER


27-04-2010

O Decretazo afecta a toda a poboación escolar, converténdose nunha cuestión que, á súa vez, atinxe á sociedade galega no seu conxunto

E despois do “Decretazo”, que?

2 comentarios |
Valoración

XOSÉ MANUEL FÍRVIDA PLAZA


25-04-2010

Estanse a interiorizar preconceitos de que o galego limit ao coñecemento

O dano irreparábel da política lingüística do PP na Galiza

1 comentarios |
Valoración

SONIA LEBEDYNSKI DIÉGUEZ


26-04-2010

No concertazo agromaron sensacións xa coñecidas para moitos. Cada vez que vexo esta unión, esta irmandade que brila cando pican as pulgas gordas síntome satisfeita e con ilusión para mirar adiante

Esperta do teu sono…

2 comentarios |
Valoración

IRIA TAIBO CORSANEGO


23-04-2010

O 16 de abril El Correo Gallego recollía unha información que falaba dun relatorio da Consellaría de Educación sobre a visita da Plataforma Queremos Galego a Bruxelas

Queremos Galego vai a Bruxelas... e a Xunta preocupada

0 comentarios |
Valoración

MANUEL VILAR ÁLVAREZ


24-04-2010

Neste ano cúmprese o 100 aniversario do seu nacemento, sen embargo o ano vai andando e institucionalmente Seoane permanece invisible

Luís Seoane: o compromiso do artista

0 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 156   157  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña