12:35 Mércores, 29 de Xaneiro de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.
cuarela de Castelao que se atopa no Centro Galego de Montevideo 10-05-2010

Mais Castelao tamén cobizaba tanxer as liras; era consciente de que os ecos do seu son fican na memoria dos pobos para sempre

E Castelao dixo entón: "Poesía, ti reinarás sobre todas as artes"

DIEGO PARDO AMADO


Castelao sempre afirmou non comprender a esencia da poesía e, precisamente por este motivo, sabía que o seu corazón sentía con máis ímpeto o misterio daquela arte para el inapreixábel. Porén, a ollada fráxil e esculcadora do rianxeiro pousou nas cousas do mundo como a dun auténtico inspirado das musas. Mesmo semella as divindades térenlle susurrado ao ouvido a conveniencia de proclamar o reino da poesía sobre todas as artes poque, non en van, etimoloxicamente poesía significa creación ou enerxía creadora.


0 comentarios |
Valoración
08-05-2010

Se amamos de verdade a nosa lingua e a nosa cultura vainos a vida en desfacer a imaxe do 17 de maio como unha data ritual, consabida, narcotizante

Que se conmemora exactamente o Día das Letras?

FRANCISCO XOSÉ REI GARCÍA

Afortunadamente, o nacionalismo político, cultural e social organizado foi o único que analizou e denunciou con contundencia o efecto anestesante, narcótico, do 17 de maio e a letal carga para a saúde e o futuro dun idioma condenado a ser visto, ouvido, homenaxeado, santificado... dentro dunha urna de cristal, non vaia ser que lle dea por medrar ao seu xeito.


2 comentarios |
Valoración
07-05-2010

Percorrer as rotas de Rosalía de Castro é a constatación do desleixo de quen deberían mostrar actividade e conciencia de noso

As tristes rotas de Rosalía

LOIS DIÉGUEZ

Mostra de desleixo absoluto das institucións respecto de Rosalía de Castro


No percorrido que fixemos hai uns días polas terras de Santiago e Padrón, tomando como guía os profundos e engaiolantes poemas de Rosalía de Castro, verificouse o que antes afirmaba. Todo o mundo ama a esta poeta, todos a admiran, mais moi poucos coñecen a súa obra e biografía ou seguen cunha idea folclórica sobre a mesma. Non o pasou ben en vida, precisamente porque, adiantada a esa escura etapa do XIX, tivo que enfrontar arreo críticas, persecucións e desprezos. Levantar a bandeira dos oprimidos, leva a iso.


1 comentarios |
Valoración

ISABEL PÉREZ GONZÁLEZ


06-05-2010

A celebración dos Maios en Ourense ten unha dobre expresión artística: consiste na elaboración dun maio figurado e na confección das coplas

De coplas e maios

0 comentarios |
Valoración

MÓNICA PAZOS MARTÍNEZ


05-05-2010

A lectura de libros galegos é un acto que nos identifica

Lermos a nosa literatura

7 comentarios |
Valoración

ROSA BUGALLO VECIÑO


02-05-2010

“O que necesita o mal para triunfar é que algúns homes bos o fagan”

Outra vaca no millo

5 comentarios |
Valoración

XOSÉ RAMÓN FREIXEIRO MATO


30-04-2010

Que ficará dun pobo con historia de seu cando se consiga eliminar toda a toponimia e a antroponimia tradicionais e se substitúan por outras deturpadas ou estranxeirizantes?

Salvemos a cabo Seixas! Antroponimia, memoria histórica e dignidade

10 comentarios |
Valoración

MANUEL REI ROMEU


29-04-2010

Se hai algo que define a literatura galega é a vontade de reafirmar a existencia de Galiza, da pervivencia da súa lingua, unha clara expresión de patriotismo

Desde Cantares gallegos, unha literatura de afirmación nacional

0 comentarios |
Valoración
< anterior 01  02  ...    ... 154   155  < anterior

© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña