17:48 Luns, 01 de Xuño de 2020
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

27-02-2010

Os poderes condicionantes do país galego

Anatomías

Valorar (6)

FRANCISCO CARBALLO CARBALLO


Portada de "Apocalipsis Z" de Manuel Loureiro


Os poderes condicionantes  do país galego.

M. Loureiro elabora unha metáfora apocalíptica deste intre de perigos mundiais en "Apocalipsis Z", así nós imos observaren  as ameazas, as aventuras inconscientes e conscientess dun goberno de Galiza nacido da desvergoña, da herdanza clientelar e do influxo bancario antisocial. Mais o remedio existe. Todos podemos participaren.

Anda de man en man o "Apocalipsis Z" de Manel Loureiro. Xa no "blog" lograra lectores, agora- máis nos centros babilónicos de Barcelona, Vigo, A Coruña, que nas vilas amabeis do país - é de lectura imprescindíbel, se queremos entender o enguedello das tabernas. De que trata? Dos soños dun avogado pontevedrés, Manel, que participa do estrago total dunha doenza, algo así coma o Ébola, de perigosa incidencia mundial.

Leo as aventuras desacougantes de Manel por Pontevedra, Marín, Bueu e Vigo. Chóscalle o ollo! Sírveme de metáfora:- Andamos adoecidos?. Hai doenzas graves  por acá?- Meu estomatólogo sorrí:

-Paga a pena ler tal libro. Pode dar pistas.

A doenza é real, os causantes  esquivos, o diagnóstico depende de  gurús. Arquivo os seus nomes e receitas. Quen pisa máis forte e con máis protección? Sen dúbida, é dos "Peares". Corentón;  fala castelán cos pais.  Atribúe á escola non falar inglés,  o seu galego non supera a adolescencia. Na escena 24 horas ao día.

-Digame, vostede,  de que trata o vodevil  do ano-a extender a catro- que nos le N. Feijóo no seu estarivel? -Iso  pregúntasmo á noite. Agora de zapping; á tarde a camiñar pola Terra.

"Balilando cos lobos" entérome. O equipo dos Peares agacha as liñas de acción, actúa de este a oeste. Primeiro, quere a desaparición de canto fixo, dixo e prometeu o Bipartito, moi principalmente o BNG. Arrincarlle as raíces; que non poida reaparecer o camiño, nin os alicerces dunha sociedade libre e igualitaria. Querían un país, unha Galiza; el non ten proxecto de país, traballa para outros fins.

 Segundo, non  fala de neoliberalismo, nin de aznarismo, nin de  fraguismo, nin de franquismo. Todo sen nome, todo é " de sentido común". El é o sentido común!! El,  máis os seus conselleiros- un só protagonista, o resto, segundóns. Falan para todos:

-Ollade: empecemos por esfarelar as realidades nacentes  do país galego, por desprotexer os montes, manter o minifundio- nin se lembre o banco de terra.  Atrevámonos  a ferir a febra cultural da cultura, a lingua, aínda que a chaga lacere os cidadáns normais. Nós para os nosos: a emprestar á multinacionais, á prensa española, á escola privada e de xénero.

Soño ou realidade? Visión noctábula ou anatomía diurna?. É tal cual.

O mercado sempre tivo a capacidade de engano.- Mintes máis que un charlatán de feira. A Núñez Feijóo venlle  cómo anel de toma de posesión.. A súa é a constante fabulación. 

Ven  ser hora de liberarmos dos disfraces electorais, das promesas vanas e das falacias dos mass media. O goberno de Galiza é un goberno de ultras que asimilaron os feitos, a devastación social de Reagan , de Margaret Thahcher, de J. Ma. Aznar, o do dedo.  E os seus menestrais son aventureiros á caza e derribo dos indicadores  esperanzosos do país.

Dan pena, iso é todo. E son perigosos. Ten a protección de colectivos diversos, anticulturais, bancarios, supersticiosos. De fora do país e internos: cabalos de Troia sen entrañas.

Non poden prevalecer. O intre do país non é para o pesimismo, é razoábel un pesioptimismo. Ata o avogado pontevedrés saíu indemne da longa excursión por Vigo e atrapou o maletín salvador.

Hai unha sociedade galega emerxente, culta en todos os sentidos, informada, activa. Os facebooks énchense de amigos a milleiros en proxectos reivindicativos. Unha sociedade nova que no traga este presente chato, e, menos, este engano político ultraneoliberal.

  Seguiremos a destapar arquivos, do social, do cultural, do antropolóxico, da Galiza real. A ciencia está disponíbel para mobilizar tecnoloxías de produción. Podemos artellar unha agricultura eficaz desde a química, con pouco terreo e moita produción; o mesmo a pesca e as industrias. E máis con servizos áxiles e liberadores. Un mundo novo científicamente. O que non podemos é ignorar os perigos. Anxo Quintana repite sabiamente: Erramos non ponderando debidamente a rede do PP que afoga a Galiza, desde clientelismos a colocacións servís. Baltar, Louzán, desde as deputacións,  o goberno desde a Xunta e a maraña herdada desde a aldea, a vila e a  clase burguesa avellentada dos burgos podres, forman un  rochedo de plástico resistente.

  Urxen dúas accións: rachar ese rochedo escravista e acrecentar unha pedagoxía aberta, extensa, a nenos, rapaces, mozos e anciáns, unha pedagoxía de confianza en nós, de apoio mutuo, de seguridade na capacidade  de Galiza para ser nazón nutricia e fogar de liberdade.


Todo conclúe na urgencia de acometer a aventura por cidades e lugares deste  "Iacosland", desta esquina verde, para a paz e boa ventura dos galegos.

[27-02-2010 ] Dun de tantos comentou:

Parabéns Paco. Todo un pracer poder a leerte. Galiza pode estar orgullosa da túa bonomía, coerencia e patriotismo.

[27-02-2010 ] Lobo comentou:

Como sempre huna gran leccion do MESTRE Carballo

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña