07:36 Venres, 30 de Setembro de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

02-08-2010

Como explicar un sentimento, unha sensación. Ser nacionalista non é simplemente ter unha ideoloxía concreta

Somos nacionalistas galegos

Valorar (10)

PABLO CARRACEDO GOLDAR


Pintura de Luis Seoane


Como explicar un sentimento, unha sensación. Ser nacionalista non é simplemente ter unha ideoloxía concreta. É sentir que o eres, sentir que pertences a un pobo. Os que así o sentimos vémolo sinxelo máis como explicarllo a alguén que non o comparte.

Esta tarefa padecina nun debate na madrugada do 24 de xullo nunha cidade do norte do país, do cal saquei conclusións multiples.

Argumentos a parte eu sinto que pertencemos a unha nación non só por historia ou por unha análise estalinista da historia, como ben desenvolve o noso Castelao no Sempre en Galiza, senón porque así o cremos. E sí consideramos que hai diferencia entre a Galiza e España ou Portugal ou a comunidade autónoma de Murcia.

Tamén cremos que pertencemos a un Pobo: o Pobo galego; e que as xentes de Valladolid poden ser unhas persoas extradinarias pero non sentimos que formen parte deste noso pobo.

Porque nengámonos tamén a asumir os derroteiros da historia que nos condearon a ser unha nazón sen estado ou un pobo colonizado. E non debemos ter medo a expresalo e argumentalo nestes termos porque é a realidade histórica que padecemos. Tamén debemos deixar de lado o vitimismo para aferrarnos á realidade que hoxe por hoxe vivimos e loitar contra ela dende a coraxe non dende a tristeza.

Cabe dicir, que a culminación do proceso de autodeterminación non busca unha separación exclusionista, senón que trata de chegar a poder xogar ó mesmo nivel co resto de nacións do estado. Non buscamos poñer unha barreira que nos exclúa do mundo máis sí diferenciarnos dentro deste para que as nosas relacións sexan de igual a igual e non de colonizador a colonizado.

Porque económicamente é máis rentábel para os galegos ser independentes do estado español. Cousa que é facilmente demostrábel, simplemente cos presupostos xerais do estado e os impostos directos e indirectos que pagamos todos e todas as galegas.

Razóns lóxicas hai mil: ciéntificas. O noso deber coñecelas xa que a primeira liña de defensa é o debate e para iso hai que estar ben armado.

Ser nacionalista galego require de algo máis, tal vez sexa ese sentimento romántico ou esa sensación de formar parte de algo que para nós ten unha importancia máis que singular: lingua, terra, pobo...

Explicarllo a alguén é relativamente sinxelo, mais quen llo vai a facer sentir?


[05-08-2010 13:29] Rubén comentou:

Gostaría aclarar algunha cuestión antes de nada: no sempre en Galiza aparece unha definición de nación feita por Stalin, que por certo, non é a mellor nin a máis “científica”, pero vaia... Coido que o termo stalinismo existíu e foi alcumado así mais ben polos reaccionarios, que quixeron denominar así a etapa de Stalin como secretario do PCUS e a fronte da URSS. En todo caso, Stalin (véxase “Fundamentos del leninismo”) desenvolveu a teoría chamada e ben coñecida por todos, o marxismo-leninismo, e de aí sae esa definición de “nación” que aparece no libro de Castelao.


“Cabe dicir, que a culminación do proceso de autodeterminación non busca unha separación exclusionista, senón que trata de chegar a poder xogar ó mesmo nivel co resto de nacións do estado”

O concepto de autodeterminación significa chegar a poder xogar ó mesmo nivel co resto de nacións dun estado?. Eu pensaba que o concepto de autodeterminación significaba chegar a donde o propio pobo decidise, sexan cales foran as consecuencias. Se unha relación quere ser de igual a igual cun Estado, deberá ser entre outro Estado, senón nunca será de igual a igual, e no caso galego, é evidente. O leninismo argumentou científicamente e ampliou o concepto de autodeterminación, interpretándoo como o dereito dos pobos oprimidos dos países dependentes e das colonias á completa separación, como o dereito das nacións a existir como Estados Independentes. Barreiras?, ningunha, ó contrario, sería mostrar ó mundo o noso país tal e como é, non como nolo queren facer ver.


“Porque económicamente é máis rentábel para os galegos ser independentes do estado español. Cousa que é facilmente demostrábel,”

Levas razón no que dis, pero penso que levamos anos e anos sen que ninguén tente explicar públicamente porqué sí sería rentábel para nós, os galegos e galegas ser independentes de España. Seguimos sen facelo, sí. E e esa é unha arma que debemos repartir entre os nosos compañeiros/as e irmáns de camiño, é unha arma imprescindible; cando alguén che pregunta ou dí irónicamente “es que Galicia sin España moriría, es imposible que aguante económicamente, que locos estáis los nacionalistas...”, pois ante isto,a moitos cústalle sempre debatelo, sabemos que sí, que podemos vivir sós, pero non sabemos moi ben como. Fronte a iso é importante reflexionar, sí, sobre os presupostos xerais do Estado e a súa paupérrima asignación a Galiza (entre un 5-7%?, corríxeme), pero cómpre citar que o máis sangrante que é todo o que nos expolian, “rouban” e maltratan (véxase enerxía eléctrica, sector pesqueiro, etc) dándonos, por outra banda e moi amablemente, como non, a cara do “turismo”, o xacobeo (por certo, cheo de concertos e artistas foráneos mentras case ningún dos concertos e festivais de verán con músicos galegos é tan só mínimamente subvencionado), e demáis lindezas para que madrileños e outras castas do Estado (non quero xeralizar, pero é complicado...) veñan a observar esta bonita tierra española llena de encanto. Aínda esta semana pasada, nunha das loitas que os estamos a manter, saía falando un empresario taurino, regocijándose de que á feira taurina de Pontevedra asistía case un 90% de turistas foráneos (dándonos máis a razón todavía ós antitaurinos no feito de que esta é unha festa importada, non ten nada que ver coas tradicións galegas e co noso país). Pois así estamos, vendo como os que nos gobernan (bueno, o de Louzán é para darlle de comer aparte...) ofrecen touradas ós madrileños que andan por Sanjenjo o Bayona.

Bueno, un pouco chafulleiro, que escribín a todo correr, pero aí queda, irmán

[02-08-2010 14:40] Xoan R.C. comentou:

Bo artigo Pablo. Penso exactamente igual, so que nunca me gustou utilzar o termo nacionalista, xa que por termos asi causaronse moitas mortes. Eu o que si me considero e GALEGUISTA e diferente o resto do Estado que non quere dicir que mellores. Pero o unico que crea o nacionalismo son fronteiras, e sobra decir exemplos nos que se ve que tamen crea conflictos, e no peor dos casos mortes. Son Galego 100% para nada me considero español, pero si cidadan do mundo.
Parabens polo artigo!

Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña