12:58 Mércores, 10 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

06-07-2022

País das cloacas intitucionalizadas, e aínda por riba un periodismo complacente coa corrupción. Mexan por nós, decimos que chove e mentres tanto os periodistas abren o paraugas

Fodechincho real

Valorar (12)

HELENA VILAS VIÑAS



Non tiña moi claro de que ía escribir este mes, a verdade que se me ocorreu falar de o por que están a chegar porcos bravos ás nosas costas, ou o por que a Galiza está pragada de especies invasoras como o eucalipto, pero ao pensar en dúas palabras: invasor e… costas, ocorréuseme falar dunha visita que tivemos fai un mes no povo onde traballo e vivo. Unha visita especial que fai que coñezas mellor os teus  veciños… pero sobre todo por si alguén non coñecía Sanxenxo e o seu alcalde xa non tendes escusa porque non houbo espazo informativo onde non saíra con gran orgullo e satisfacción. 

Mais o bo, si breve dúas veces bo, e tivemos  unha parte da poboación preocupada e enfadada a partes iguais, porque se rumoreaba que a visita do emérito non ía repetirse e os  hostaleiros de Sanxenxo andaban  “mosqueados”  porque o señor este non acudira as regatas do pasado fin de semana , porque temían  anulacións masivas, si , como están lendo,  a ese punto chegamos  de ter ao Borbón no povo como atracción turística, renta  exhibilo como mono de feira, tal cal como no circo; “ pasen y vean” pero, até onde chega o vasalaxe e a preitesía de algúns!!??

Cada un ten as súas preocupacións , mais a min o que me ferve saber é canto nos custou “monetari” a soada visita da súa maxestade;  viaxe privado Dubai – Madrid – Madrid –Vigo – Vigo ­–Sanxenxo , manutención , estancia, regata.  Sanxenxo - Vigo – Vigo –Madrid, manutención, estancia . Madrid –Dubai , máis toda a comitiva e seguridade .. (e que tanta seguridade houbo esa finde no povo, que como dixo o meu tuiteiro favorito , Cascarelo; “ non sei por que tanta policía en Sanxenxo, se carteiras nunca roubou”) houbo peticións sobre o custo da escapadiña Real de fin de semana pero coma sempre o PSOE protexendo a pouca dignidade que lle queda á monarquía, negándose a facilitar esa información por consideralo un tema reservado, xa  é toda unha vida vendo ao PSOE pregado aos latrocinios da coroa. A hipocrisía en toda a súa extensión  como selo de identidade deste partido político, cómplices e tapadeira da falsa Transición. 15 veces votaron en contra de investigar ao campechano, 15 veces!  A dereita camuflada protexendo e mantendo a inviolabilidade xurídica do rei.  40 anos aos pés da monarquía. Non sei a quen lle escoitei unha vez; “ teñen corazón republicano pero o corpo é monárquico...” A incoherencia como ideoloxía, así definiría eu ao siwanismo do PSOE.  
Indo ao tema inicial, sexa como for, si o pagou el, é roubado  e si o pagou a Casa Real é noso tamén, nós saímos perdendo de calquera  maneira.  

País das cloacas institucionalizadas, e aínda por riba un periodismo compracente coa corrupción. Mexan por nós, dicimos que chove e mentres tanto os periodistas abren o paraugas.

En fin, que agora para tapar un pouco o tufiño que vai deixando, seica Facenda, esa a que somos todos … vaino investigar polos gastos das súas cacerías de antano (as de animais) e eu xa vos anticipo que lle vai saír a devolver.


Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña