12:22 Mércores, 10 de Agosto de 2022
Terra e Tempo. Dixital Galego de pensamento nacionalista.

30-05-2022

Unha enorme perda de capacidade de xestión e unha entrega absoluta aos poderes económicos, en definitiva, tamén de soberanía, ao menos potencial.

Feixóo: un ausente ambiental

Valorar (4)

ALFREDO LÓPEZ FERNÁNDEZ



Un cambio na presidencia da Xunta de Galicia é un cambio significativo, suficiente como para facer unha avaliación do realizado, ou non. Sobre todo tendo en conta que o mandato trascende unha lexislatura, e máis tamén.

É por isto que a apreciación sobre o desenvolvemento ambiental gobernamental sería acaída tratándose dun punto de inflexión, como foi co primeiro goberno de Feixóo. Mais, daquela, o punto de inflexión foi caída libre en materia ambiental, dado que, se ben o goberno bipartito non puxo en valor todo o que debera, dende o punto de vista ambiental, os posteriores poden resumirse nunha só cousa: desleixo.

A derrogación do decreto eólico foi o primeiro chanzo do proceso de demolición do flamante goberno conservador, imprescindible para abrir a caixa de Pandora do espolio ambiental e social, detrás viñeron as leis restritivas e degradativas das garantías ambientais e sociais polo que neste tempo o noso país no só perdeu resposta ambiental, capacidade de xestión en temas ambientais, recursos e valores e mesmo capacidade de decisión social. Unha tras outra estas leis foron deixando as decisións de execución, xa non nas mans da administración, sen os filtros da avaliación ambiental, senón na man das propias empresas concesionarias que as converte en xuíz e parte.

Unha enorme perda de capacidade de xestión e unha entrega absoluta aos poderes económicos, en definitiva, tamén de soberanía, ao menos potencial.

O anuncio do novo presidente, Rueda, do continuísmo das políticas deseñadas e aplicadas, polos seus propios gabinetes, non nos permite ver máis que un incremento da destrución ambiental e da perda de valores e recursos. Facendo aínda máis insostible un retroceso, encamiñado ao decrecemento nacional: demográfico, ambiental, económico e social.

Hoxe non temos boas novas para o país, o ambiente xa non é medio, nin tan sequera un cuarto.



Engade o teu comentario:

Os campos marcados con* son obrigatorios.







© Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas
Terra e Tempo (ISSN 1575-5517)
Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703 • Santiago de Compostela • Galiza
981 57 02 65 – info#code#terraetempo#code#gal

A Fundación recibiu unha axuda da Deputación da Coruña na convocatoria de 2018 para a mellora da utilidade de páxina web. Deputación da Coruña